Corneliu Zelea Codreanu, nado en Huşi o 13 de setembro de 1899 e finado no bosque de Tâncăbeşti o 30 de novembro de 1938, foi un avogado romanés e o líder da organización fascista e ultraortodoxa romanesa Lexión de San Miguel Arcanxo.
De carácter antisemita, anticomunista e ultranacionalista, a organización actuou en política e Codreanu foi electo deputado, á vez que organizou unha rama paramilitar, a ''Garda de Ferro''. Tras a disolución do Parlamento e o establecemento dunha monarquía ditatorial polo rei Carlos II de Romanía en 1938, Codreanu foi encarcerado xunto con outros lexionarios; pouco despois, aparentemente no curso dun intento de fuga, foi abatido polos gardas, aínda que é probable que o seu asasinato sexa deliberadamente instigado polo rei.
Provided by Wikipedia
Showing 1 - 1 results of 1 for search 'Codreanu, Corneliu Zelea', tempo de consulta: 0.01s
Limitar resultados